Meliáceas
familia botánica / From Wikipedia, the free encyclopedia
As meliáceas (Meliaceae) é unha familia de plantas anxiospermas dicotiledóneas, con follas alternas, flores en panícula e froito en casula. Definición no dicionario da RAG. É unha familia amplamente distribuída nos trópicos e subtrópicos, con algúns representantes nas zonas temperadas. Ocupa gran variedade de hábitats, que van desde bosques chuviosos até áreas semidesérticas. A familia Meliaceae está representada por 51 xéneros con aproximadamente 575 especies. No Neotrópico repórtanse 120 especies situadas en 14 xéneros, dos cales só oito son identificados como nativos da rexión neotropical: Cabralea, Carapa, Cedrela, Guarea, Ruagea, Schmardea, Swietenia e Trichilia. O xénero tipo é Melia. A esta familia pertencen especies tan populares coma o cinamomo.
Meliaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Árbore de Santo Outelo (Melia azaderach) a florear | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
xéneros | |||||||||||
Véxase no texto | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|