Mercado
conxunto de transaccións o acordos de intercambio de bens ou servizos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mercado, en economía, é calquera conxunto de transaccións, acordos ou intercambios de mercadorías (bens e/ou servizos) entre compradores e vendedores. En contraposición cunha simple venda, o mercado implica a existencia dun comercio regular e regulado, dándose unha certa competencia entre os participantes. O mercado xorde desde o intre en que se unen grupos de vendedores e compradores (concorrencia), e permite que se articule o mecanismo da oferta e da procura; de feito, mercado é tamén o lugar onde se compran e venden bens. Os primeiros mercados da historia funcionaban mediante o troque. Tras a aparición do diñeiro, empezáronse a desenvolver códigos de comercio que, finalmente, deron lugar ás modernas empresas nacionais e internacionais. Á medida que a produción aumentaba, as comunicacións e os intermediarios empezaron a desempeñar un papel máis importante nos mercados.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Entre as distintas clases de mercados podemos distinguir os mercados polo miúdo ou retallistas, os mercados por xunto ou distribuidores, os mercados de produtos intermedios, de materias primas e os mercados de accións (bolsas de valores).
O termo mercado tamén se emprega para se referir á demanda de consumo potencial ou estimada.
O concepto clásico de mercado de libre competencia, define un tipo de mercado ideal, no cal é tal a cantidade de axentes económicos interrelacionados, tanto compradores como vendedores, que ningún deles é quen de interferir no prezo final do ben ou servizo intercambiado. Polo tanto existen tensións neste sistema cando se dan casos de monopolios ou oligopolios