Chalet (satélites artificiais)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chalet, coñecidos tamén baixo a denominación AFP-366, foi unha serie de satélites artificiais adicados á espionaxe electrónica pertencente á Oficina Nacional de Recoñecemento dos Estados Unidos. Foron os sucesores da serie de satélites Canyon, cuxa numeración continuaron, e tamén pertencían ao Programa 7500. Estaban adicados á interceptación de comunicacións pero tamén eran capaces de recoller telemetría de mísiles. Eran lanzados a órbitas case xeoestacionaria, dunhas 24 horas de duración pero diferentes apoxeo e perixeo para mellorar a triangulación de sinais.
Usaban antenas de ata 38 m de diámetro e estaban estabilizados nos tres eixos. Lanzáronse un total de seis satélites Chalet mediante foguetes Titan, cinco deles chegando a órbita sen problemas e un perdido durante o lanzamento.
O nome do satélites cambiou de Chalet a Vortex cando o primeiro foi desvelado polo New York Times en 1979. Algo semellante ocorreu en 1987, cando pasaron a coñecerse como Mercury.