Mesquita de Córdoba
From Wikipedia, the free encyclopedia
A mesquita de Córdoba, catedral de Córdoba, ou mesquita-catedral de Córdoba é o monumento máis senlleiro da arte andalusí que se atopa na cidade española de Córdoba. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1984. O seu arquitecto é descoñecido, pero sábese que a mesquita foi construída entre o 785 e o 788 baixo o reinado de Abd al-Rahman I.
Mesquita de Córdoba | |
---|---|
Dende o ar. | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Andalucía |
Tipo | Mesquita, catedral |
Advocación | Santa María |
Localización | Córdoba |
Coordenadas | 37°52′44″N 4°46′46″O |
Catalogación | Patrimonio da Humanidade da UNESCO[1] |
Culto | |
Culto |
|
Diocese | Diocese católica latina de Córdoba |
Arquitectura | |
Construción | 785 - 788 (Ampliacións 833, 855, 962 - 966 e 987) |
Estilo | Arquitectura moura, renacentista |
Medidas | 125 x 178 |
Páxina web | catedraldecordoba.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mesquita de Córdoba | |
---|---|
Columnas da mesquita | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | 37°52′45″N 4°46′47″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III, IV |
Inscrición | 1985 (9ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 313 |
Comezou a construírse como mesquita no ano 785, coa apropiación e reutilización dos materiais da basílica hispanorromana de San Vicente Mártir, que se atopaba no seu lugar, polos conquistadores musulmáns.[3] O edificio resultante foi obxecto de ampliacións durante o emirato de Córdoba e o califato de Córdoba. Con 23 400 metros cadrados, foi a segunda mesquita meirande do mundo en superficie, por detrás da mesquita da Meca, sendo só alcanzada posteriormente pola mesquita Azul (Istambul, 1588). Unha das súas principais características é que o seu muro da quibla non foi orientado cara a Meca, senón 51º graos máis cara ao sur, algo adoito nas mesquitas de al-Andalus.
En 1238, logo da Reconquista cristiá da cidade, levouse a cabo a súa consagración como catedral da diocese coa ordenación episcopal do seu primeiro bispo, Lope de Fitero.[4] O edificio contiña o cabido catedralicio da diocese de Córdoba, estando prohibido calquera culto colectivo ou rezo organizado non católico.[5] En 1523, baixo a dirección dos arquitectos Hernán Ruiz, o vello e o seu fillo, construíuse a súa basílica cruciforme renacentista de estilo plateresco.
Hoxe, todo o conxunto constitúe o monumento máis importante de Córdoba, e tamén de toda a arquitectura andalusí, xunto coa Alhambra, así como o máis emblemático da arte omeia hispanomusulmá. Declarada como Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade como parte do centro histórico da cidade,[6] incluíuse polo público entre os 12 Tesouros de España no 2007[7] e foi premiada como o mellor sitio de interese turístico de Europa e sexto do mundo segundo un concurso de TripAdvisor.[8] No 2015, tivo 1,67 millóns de visitas, o que a converte nun dos monumentos máis visitados de España.[9]