Metáfora
figura estilística; usar un termo para referirse a outro / From Wikipedia, the free encyclopedia
A metáfora (do grego μεταφορά translación, de μετά ao outro lado e φέρω levar) é un dos tropos con máis efectos expresivos e estéticos na lingua literaria. Consiste en trasladar o sentido propio dun termo real (TR) a outro co que mantén unha relación de semellanza (termo imaxinario, TI). A súa forma máis perfecta é a metáfora pura ou metáfora in absentia, na que só figura o TI e na que ten que deducirse o TR. Por outra banda, aquela na que se expresan os dous termos, a chamada metáfora impura ou metáfora in praesentia, resulta menos escura e permite máis alardes imaxinativos accesibles para o lector. Non se debe confundir a metáfora co símil, xa que a primeira non leva nexo de comparación; ademais, a relación que a metáfora indica non é comparativa, senón de identificación.