Metabolómica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A metabolómica é o estudo sistemático das impresións químicas únicas deixadas por determinados procesos celulares e, especificamente, o estudo dos perfís dos seus metabolitos de pequenas dimensións.[1] O metaboloma representa a colección de todos os metabolitos nunha célula biolóxica, tecido, órgano ou organismo, e son o produto final de procesos celulares[2]. Por tanto, en tanto que os datos da expresión xénica e da proteómica non revelan unha historia completa do que pasa nunha célula, o perfil metabólico pode xerar unha impresión xeral (ás veces designada "foto polaroide") da fisioloxía desa célula. Un dos desafíos da Bioloxía dos Sistemas e da xenómica funcional é o de integrar a información da proteómica, transcritómica e metabolómica para que se atinxa unha imaxe máis completa dos organismos vivos.
Defínese tamén como o estudo científico dos procesos químicos que integran metabolitos.