Metilfenidato
From Wikipedia, the free encyclopedia
O metilfenidato (MFD) é unha droga psicoestimulante, máis coñecido pola marca comercial Ritalin.
Folla de datos | |
---|---|
Metilfenidato | |
Nomenclatura IUPAC: | |
Número CAS 113-45-1 metilfenidato base 298-59-9 metilfenidato clorhidrato |
Código ATC N06B A04 |
PubChem 4158 |
DrugBank APRD00657 |
Fórmula química | C14H19NO2 |
Peso molecular | 233,31 g/mol |
Biodispoñibilidade | 30% (oral) |
Metabolismo | Hepático |
Semivida (v1/2) | 2 a 3 horas |
Excreción | Renal |
Embarazo | Categoría C |
Status legal | Psicotrópico Listaxe II |
Presentacións |
Ritalina: comp. 5 mg, 10 mg e 20 mg; |
O MFD existe dende hai xa máis de 60 anos. Porén, cobrou especial notoriedade a partir dos anos 90. Isto debeuse á difusión do diagnóstico do trastorno por déficit de atención con hiperactividade (ADHD o TDAH) na infancia. Dito fenómeno asociouse á prescrición do MFD, fármaco de elección para este tratamento. Por exemplo, o Concerta (unha das marcas de MFD) acadou nos EUA volumes de vendas superiores aos 720 millóns de dólares durante 2004.