Miñoca
animais anélidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
As miñocas son animais anélidos (Annelida) da clase Oligochaeta, distribuídas polos solos húmidos de todo o mundo, algunhas de apenas centímetros e outras de case dous metros. O seu corpo está formado por aneis (segmentos corporais).
Miñoca | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Miñoca en Oroso | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
Viven soterradas: son animais subterráneos, escavan galerías e canles, buscando abrigo e restos vexetais, que constitúe o seu principal alimento, inxerido con grandes cantidades de terra. Aliméntanse de detritos de varias orixes, que compoñen o humus.
As miñocas teñen o corpo cilíndrico, alongado, coa boca e o ano en extremidades opostas; e unha rexión máis grosa, o clitelo, mais próxima á rexión anterior.[1]
Pasando o dedo na súa rexión ventral, de atrás cara a cabeza, séntese a pel do animal áspera, debido á presenza de fileiras de microscópicas sedas ou quetas de quitina. As miñocas fixan as puntas das sedas no solo, facilitando o seu movemento, cando contrae a forte musculatura da parede do corpo.
A epiderme das miñocas está cuberta por unha fina cutícula e produce bastante moco, o que as torna viscosas, diminuíndo o roce co solo e facilitando o seu movemento. O moco tamén protexe a pel cando entra en contacto con substancias tóxicas ou nocivas e garante a humidade indispensable para os intercambios dos gases respiratorios en toda a superficie do corpo. Esta é a chamada respiración cutánea.