Michael William Balfe
compositor irlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Michael William Balfe, nado en Dublín en 1808 e finado en Rowney Abbey en 1870, foi un compositor irlandés, coñecido pola súa ópera The Bohemian Girl (1843).
Datos rápidos Nacemento, Lugar de nacemento ...
Michael William Balfe | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1808 |
Lugar de nacemento | Dublín |
Falecemento | 20 de outubro de 1870 e 21 de outubro de 1870 |
Lugar de falecemento | Hertfordshire e Rowney Abbey |
Soterrado | Cemitério de Kensal Green |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | compositor, cantante de ópera, director de orquestra, compositor de cancións e cantante |
Cónxuxe | Magdalena Roser |
Fillos | Victoria Balfe |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Fillo dun mestre de danza, a única educación musical que recibiu foi de seu pai e do músico C. E. Horn. Aos seis anos tocaba o violín para as clases do pai e aos sete compuxo unha polacca. En 1817 actuou por primeira vez en público, logo da morte de seu pai en 1823 uniuse á orquestra do teatro real Drury Lane, en Londres e actuou como barítono, con éxito só moderado. Entre 1825 e 1833 residiu en Italia, onde compuxo as súas primeiras óperas.
Ao regreso a Inglaterra estreou a ópera Siege of Rochelle en 1835 con grande éxito, á que lle seguiu en 1836 The Maid of Artois, tamén exitosa.