Minaría
proceso de extracción de minerais ou outros materiais xeolóxicos do subsolo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A minería é unha actividade económica do sector primario cando nos referimos á extracción de minerais, e do sector enerxético se facemos referencia á extracción de combustibles fósiles. É representada pola explotación ou extracción dos minerais que se acumularon no chan e subsolo en forma de xacementos. Dependendo do tipo de mineral a extraer a actividade divídese en minería metalúrxica (cobre, ouro, prata, aluminio, chumbo, ferro, mercurio, etc) que son empregados como materias primas básicas para a fabricación dunha variedade de produtos industriais. Mentres que a minería non metalúrxica ou tamén denominada de canteira e construción (arxila, cuarzo, zafiro, esmeralda, granito, mármore, mica, etc) son usados como materiais de construción e materia prima de xoiaría, ornamentación, entre outros usos. Outro tipo de minería é a extracción dos minerais enerxéticos ou combustibles, empregados principalmente para xerar enerxía, por exemplo o petróleo, gas natural e carbón ou hulla.
Un xacemento mineiro é un depósito de minerais sólidos, líquidos ou gasosos (como o carbón, a pedra, o petróleo, o gas etc.) producido por acumulación de forma natural tanto na superficie coma no interior da terra, que é susceptible de explotación económica. A minaría é a técnica da extracción deses depósitos dos materiais presentes para unha posterior comercialización que proporcione un lucro económico.
Cabe sinalar que a minería é unha das actividades máis antigas da humanidade, xa que se sabe que desde tempos da prehistoria o home usou diversos minerais para a fabricación de ferramentas e armas. Co pasar dos séculos converteuse nunha importante industria, que creou unha serie de técnicas, estudos e análises físico-químicas co obxectivo de mellorar a exploración e explotación dos xacementos. Pola súa banda, as compañías ou empresas mineiras son as encargadas de levala a cabo como industria, cuxa competencia depende da produción de mineral extraído e da calidade e cantidade do mesmo. Para entendela mellor, a actividade divídese en gran, mediana e pequena minería, no entanto, nalgúns países existe unha cuarta categoría, a artesanal.
Para regular a industria mineira os gobernos nacionais e as institucións financeiras internacionais crearon unha serie de reformas lexislativas, que buscan a harmonía e a estabilidade do sector produtivo. Estas na súa gran maioría están enfocadas no coidado do medio ambiente e na seguridade dos mineiros, con todo, as violacións a estas normas nos últimos tempo provocaron diversos desastres en varias nacións do mundo. Por último, distintas organizacións, como o Banco Mundial, consideran á minería como un dos indicadores básicos das posibilidades de desenvolvemento económico dunha localidade, rexión ou país.