From Wikipedia, the free encyclopedia
O mollo de peixe é un condimento derivado do peixe fermentado. O termo emprégase para describir un amplo rango de produtos empregados en diferentes cociñas do Sueste Asiático e emprégase engadida a algúns pratos fundamentalmente como un ingrediente de propiedades semellantes ó sal. O mollo de peixe é moi popular na cociña vietnamita. Na cociña chinesa do sur emprégase como un aceite de cociña, ou como un ingrediente para a elaboración de sopa. En Europa, baixo o Imperio romano chegouse a consumir o garum que era un mollo moi semellante.
Algúns mollos de peixe fanse de peixe cru, outros de peixe seco, algúns de só certas especies; outro adoitan ser os restos dos peixes atrapados na rede, ás veces inclúense moluscos; algúns dun só tipo de peixe, outros só do sangue e/ou vísceras do peixe. Algúns mollos conteñen só sal e peixe e outras conteñen ademais unha variedade herbas e especias. Existen mollos de peixe que foron fermentadas só un pouco para que permaneza o intenso aroma a peixe e hai aquelas que tras unha prolongada fermentación xa só teñen un aroma a noces e un sabor a queixo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.