For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Motor Wankel.

Motor Wankel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motor Wankel.
Motor Wankel.

O motor Wankel é un tipo de motor de explosión, inventado por Felix Wankel, que utiliza rotores en forma de triángulo en vez dos pistóns dos motores convencionais.

Historia

Compoñentes característicos dun Motor Wankel.
Compoñentes característicos dun Motor Wankel.
Esquema dun Motor Wankel en funcionamento.
Esquema dun Motor Wankel en funcionamento.

"A idea dos pistóns rotativos revolucionou o mundo", afirmaba en 1955 a publicidade da firma alemá NSU, unha das que adquiriran a patente do motor rotativo idealizado e realizado por Felix Wankel. "Neste tipo de motor, os pistóns e as bielas non funcionan violentamente como nos motores convencionais. Non existe neste motor, tamén, a árbore de manivela. Por esta razón, o novo motor funciona con tanta suavidade sendo, ao mesmo tempo, moi robusto". Era a primeira vez que o motor de explosión convencional tiña un rival aparentemente capaz de quebrar a súa hexemonía.

Mais as cousas non serían tan simples como pensaban algúns. Tras a primeira euforia, veu a resaca e a maioría das marcas interesadas no motor rotativo acabaran por recuar e abandonar o seu desenvolvemento. O concepto esencial era e é simple na súa formulación, mais difícil na súa aplicación. Trátase dun motor compacto que precisa de moitas menos pezas que un convencional, mais a súa fabricación resulta ser máis cara e non cumpre tan facilmente coas normas, cada vez máis esixentes, sobre o consumo e a polución.

A pesar das súas indiscutíbeis calidades de eficacia mecánica, baixo nivel de vibracións e ruído e utilización de pouco espazo para o motor, o motor aínda non conseguiu destronar o de pistóns (Ciclo de Otto) de movemento alternativo, con longos anos de uso e un notábel grao de perfeccionamento técnico e, consecuentemente, económico.

Os tempos do ciclo de Wankel: a admisión (en azul), a compresión (en verde), a explosión (en vermello) e a exhaustión (en amarelo). O vértice A axuda a acompañar a revolución do rotor triangular.
Os tempos do ciclo de Wankel: a admisión (en azul), a compresión (en verde), a explosión (en vermello) e a exhaustión (en amarelo). O vértice A axuda a acompañar a revolución do rotor triangular.

Funcionamento

Ese motor consiste esencialmente nunha cámara cuxo formato interno se aproxima da forma dun oito. Dentro dela, un rotor máis ou menos triangular - o pistón do motor - xira excentricamente con relación ao eixe principal, que equivale á cambota dos motores a pistóns. As formas destes dous elementos son tales que mentres os cantos do pistón están sempre equidistantes das paredes da cámara - e moi próximos a elas, formando un feche - eles sucesivamente aumentan e diminúen o espazo entre os lados convexos do triángulo - o rotor - e as paredes da cámara.

Así, se unha mestura for inxectada nunha das cámaras, cando está aumentando de tamaño, será comprimida na redución subsecuente de volume, mentres o rotor, ou pistón, xira. Deste xeito, o ciclo clásico de catro tempos - admisión, compresión, explosión e exhaustión - é producido e, alén diso, as tres faces do rotor están en tres fases distintas do ciclo, ao mesmo tempo.

Vantaxes

As vantaxes do motor Wankel sobre os motores a pistón convencional son moitas. En primeiro lugar, non existen vibracións debido ao feito de que só hai un movemento rotativo, iso significa aínda menor desgaste e vida máis longa. O motor Wankel non ten nada de complicado, polo contrario, ten poucos compoñentes e é ben menor. Alén diso el xera máis potencia e máis torque que un motor "convencional" da mesma cilindrada. Iso porque cada lado do seu rotor encóntrase nunha fase do ciclo, xerando máis explosións ao redor do eixe cambota do que un motor a pistón.

A Mazda actualmente conta cunha nova xeración de motores rotativos, chamada Wankel Renesis pola marca, que presentan un consumo moi semellante a coches concorrentes. Debido ao seu principio de funcionamento, en que non existen mudanzas bruscas de compoñentes (alteración no sentido de movemento dos pistóns), as vibracións producidas polo motor son ben menores, así como o nivel de ruído. Outro aspecto importante, fica por conta do torque, que é facilitado de forma máis homoxénea e constante. Como se non bastase, son moito máis compactos e leves, posibilitando cofres de motor tamén menores, centro de gravidade do coche máis baixo, frontes menores e con mellor aerodinámica (coches con motor dianteiro).

Desvantaxes

Entre as súas desvantaxes inclúense unha curva de potencia non moi elástica e os problemas en manter un feche ideal entre os cantos do rotor e as paredes da cámara de combustión debido á dilatación térmica, o que causa algunhas dificultades debido ao rigor das especificacións do proxecto e ás tolerancias mínimas na produción.

Quasiturbine.
Quasiturbine.

Alén diso o motor Wankel quece moito máis que o motor a pistóns, debido ás altas rotacións, traballando sempre no "límite", por así dicir. Outra desvantaxe é a alta taxa de emisión de gases contaminantes.

En 1996 foi patentado o motor Quasiturbine, unha evolución do motor Wankel. Foi desenvolvido por un equipo formado pola familia canadense Saint-Hilaire, dirixida polo físico Dr. Gilles Saint-Hilaire. No Quasiturbine, varias das desvantaxes do motor Wankel foron eliminadas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Motor Wankel
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.