Motor de seis cilindros en liña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un motor de seis cilindros en liña é unha configuración de motores de combustión interna na que os seis cilindros e os pistóns están dispostos nunha soa fila en posición vertical, inclinada ou incluso parcialmente inclinada ou horizontal. O motor de seis cilindros é o deseño de motor máis sinxelo para ter un motor ben equilibrado, tanto primario como secundario, o que resulta en moita menos vibración que os motores con menos cilindros. este ten mellor traballo que aqueles que teñen menos cilindros.[1]
Os motores de seis cilindros ciclo Otto xeralmente teñen unha cubicaxe entre 2500 e 4000 cm³ (2,5 e 4,0 litros), e os motores diésel teñen máis de catro litros e poden alcanzar ata 16 litros en camións. En barcos poden alcanzar un desprazamento de máis de mil litros. Unha variante desenvolvida no século XXI foi o motor de cinco cilindros en liña de 2,5 litros, que neste caso ten unha distribución e rendemento equivalentes a un motor de seis cilindros en liña de 2,0 litros.