Movemento polo software de código aberto - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Movemento polo software de código aberto.

Movemento polo software de código aberto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O movemento polo software de código aberto fundamenta a súa filosofía no principio de que ao compartir o código, o programa resultante tende a ser dunha calidade superior á do software privativo dende un punto de vista técnico.

Os programas de código aberto son un compendio das habilidades de programadores e mailas suxestións de usuarios de todo o mundo, o cal fornece de calidade o produto final, e dá ao seu desenvolvemento un punto de vista máis global. Da outra banda temos o software libre, que se artella baixo un ideal completamente distinto: o software privativo, ao non poder compartirse libremente, vai en contra das normas morais.

A súa visión do software de código aberto quedou plasmada no seu decálogo, que establece unha serie de condicións para considerar que un software é de código aberto de acordo coa súa visión do concepto. Estas condicións afástanse do simple feito de que o código estea dispoñible, e establecen unha serie de esixencias que se aproximan ao concepto de software libre.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Movemento polo software de código aberto
Listen to this article