Movemento rectilíneo uniforme
From Wikipedia, the free encyclopedia
O movemento rectilíneo uniforme dun punto en relación a un referencial S ten lugar cando nese mesmo espazo o punto se move en liña recta con velocidade constante, é dicir, con aceleración nula.
En termos matemáticos, se for a posición do punto e o tempo:
ou
A distancia percorrida calcúlase multiplicando a magnitude da velocidade polo tempo transcorrido. Esta relación tamén é aplicable se a traxectoria non é rectilínea, con tal que a velocidade sexa constante.
A velocidade pode ser nula (repouso), positiva ou negativa. Polo tanto, o movemento pode ter dous sentidos; unha velocidade negativa representa un movemento en dirección contraria ao sentido que teñamos aceptado como positivo.
O MRU caracterízase por:
- Movemento que se realiza sobre unha liña recta.
- Velocidade constante; implica magnitude e dirección constantes.
- Aceleración nula.