Museo Guggenheim (Nova York)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo Guggenheim de Nova York (en inglés Solomon R. Guggenheim Museum) é o primeiro museo creado pola Fundación Solomon R. Guggenheim, dedicado á arte moderna. Foi fundado en 1937 no Upper East Side de Nova York. Orixinalmente chamouse Museo da Pintura Non Obxectiva e foi fundado para exhibir arte de vangarda por artistas modernos iniciais como Kandinski e Mondrian .
Museo Guggenheim (Nova York) | |
---|---|
Vista da entrada | |
Na rede | |
https://www.guggenheim.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
En 1959 trasladouse á súa situación actual (fronte a Central Park ), cando rematou o edificio deseñado polo arquitecto Frank Lloyd Wright. O Guggenheim non sabía a quen escoller como arquitecto para o museo, polo que pediu á baronesa Hilla von Rebay que elixise a alguén. Elixiu a Wright porque era o arquitecto máis famosa da época. O edificio en si converteuse nunha obra de arte.