Museo das Peregrinacións e de Santiago
museo sobre as peregrinacións e sobre Compostela / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo das Peregrinacións e de Santiago é un museo de Santiago de Compostela centrado no fenómeno universal da peregrinación (con especial atención á xacobea) e no nacemento e desenvolvemento da cidade de Santiago ó redor da catedral e da peregrinación á tumba de Santiago o Maior.
Datos rápidos País, Cidade ...
Museo das Peregrinacións e de Santiago | |
---|---|
Casa Gótica (s. XIV), primeiro edificio do actual Museo das Peregrinacións e de Santiago | |
País | Galicia |
Cidade | Santiago de Compostela |
Tipo | Histórico, cultural |
Director | María Esperanza Gigirey Liste |
Construción | 1939 |
Inauguración | 1951 |
Na rede | |
http://museoperegrinacions.xunta.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Foi creado en 1951 e declarado Ben de Interese Cultural en 1985[1], se ben apenas tivo actividade ata 1996. En 2012 ampliou as súas instalacións grazas á integración no museo do antigo edificio do Banco de España, na praza das Praterías, cambiando o nome e constituíndose nun museo descentralizado: está integrado pola Casa Gótica (o museo orixinal), a Casa do Cabido e este novo edificio.