Museo do Louvre
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.
Datos rápidos Coordenadas, País ...
Museo do Louvre | |
---|---|
O Louvre visto dende o río Sena. | |
Coordenadas | 48°51′36.38″N 2°20′22.66″L |
País | Francia |
Cidade | París |
Director | Henri Loyrette |
Inauguración | 8 de novembro de 1793 |
Superficie | 210.000 m² (60.600 a salas de exposicións)[1] |
Visitantes | 6.894.000 (2004) 8.300.000 (2005) |
Na rede | |
https://www.louvre.fr/, https://www.louvre.fr/en/, https://www.louvre.fr/jp/, https://www.louvre.fr/zh-hans e https://www.louvre.fr/es | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar