Número
obxeto matemático usado para contar, etiquetar e medir / From Wikipedia, the free encyclopedia
Se busca o significado deste termo aplicado nas linguas, v. Número gramatical.
Un número, en ciencia, é unha abstracción que representa unha cantidade ou unha magnitude. En matemáticas un número pode representar unha cantidade métrica ou máis xeralmente un elemento dun sistema numérico ou un número ordinal que representará unha posición dentro dunha orde dunha serie determinada. Os números complexos úsanse como unha ferramenta útil para resolver problemas alxébricos e que alxebricamente son un mero engadido aos números reais que á súa vez ampliaron o concepto de número ordinal. Sobre todo, un número real resolve o problema de comparación de dúas medidas: tanto se son conmensurables ou inconmensurables. Exemplo: o lado dun cadrado é conmensurable co seu perímetro, pero o lado do cadrado coa diagonal do mesmo son inconmensurables.[1]
O símbolo dun número recibe o nome de numeral, mentres que cada un dos signos que conforman o numeral recibe o nome de algarismo[2]. Pódese falar así de algarismos arábigos (0, 1, ..., 9), algarismos romanos (I,V,X,C,D,M) etc.
Os números úsanse con moita frecuencia na vida diaria tamén como etiquetas (números de teléfono, numeración de estradas), como indicadores de orde (números de serie), como códigos (ISBN) etc.