From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo armenio é un movemento político que ten a súa orixe no nacionalismo romántico de Mikayel Chamchian (1738–1823) e polo xeral defínese pola creación dunha Armenia unida, libre e independente, formulada pola Causa Armenia (armenio: Հայ Դատ, [hɑj dɑt] ou Hye Dat). O espertar nacional armenio desenvolveuse na década de 1880 no contexto do xurdimento de nacionalismos baixo o Imperio Otomán. A Armenia rusa seguiuno con causas significativas. A Igrexa apostólica armenia é unha gran defensora do nacionalismo armenio, con líderes como Khrimian Hayrik, quen dedicou a súa vida ao campesiñado. O estabelecemento da moderna Armenia (1991) e un tecido social armenio cada vez máis complexo diminuíron gradualmente a influencia política de Hay Dat e desviárono cara a un nacionalismo armenio moderno baseado no nacionalismo liberal. Por outra banda, a diáspora armenia ten unha clase de nacionalismo baseado na ameaza da asimilación por enriba das vantaxes económicas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.