Nais de Praza de Maio
asociación arxentina formada durante a última ditadura militar / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nais de Praza de Maio é unha asociación formada durante a última ditadura da República Arxentina co fin de recuperar con vida aos detidos desaparecidos, inicialmente, e logo establecer os responsables dos actos de lesa humanidade e promover o seu procesamento.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Nais de Praza de Maio | |
---|---|
Tipo | organización de dereitos humanos e asociación de mulleres |
Data de fundación | 1976 |
Fundador(es) | Azucena Villaflor, Esther Ballestrino, María Ponce e Pepa Noia |
Premios | Premio Sakharov e Prêmio Unesco de Educação para a Paz |
País | Arxentina |
Na rede | |
http://madres.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
As Nais de Praza de Maio atópanse divididas en dous grupos, o grupo maioritario presidido por Hebe de Bonafini e denominado Nais de Praza de Maio, e Nais de Praza de Maio Liña Fundadora, presidido por Nora Morales de Cortiñas.