Os nanomateriais son materiais que posúen graos estruturais na orde de 10−9m, ou un nanómetro.

O control, manipulación e fenómenos da materia a escala nanométrica, cuxas propiedades difiren das observadas en maior escala, son obxecto de estudo da nanociencia e da nanotecnoloxía.

Descrición

Os nanomateriais presentan propiedades especiais en virtude da súa escala nanométrica e son empregados en proxectos de nanotecnoloxía. Varían en canto ao tamaño, composición química, forma e superficie.

As nanopartículas, nanoesferas e outros materiais nanoestruturados son nanomateriais de interese por presentaren aplicacións en campos tan diversificados como a mecánica, a óptica, a electrónica, a química e a bioquímica.

Outro tipo de nanomateriais son os denominados nanocompósitos, formados pola unión de dous ou máis compoñentes, sendo que nun deles as súas partículas posúen dimensións da orde de nanómetros. Estas dimensións aumentan a interacción entre a partícula e o medio, mellorando en moito algunhas propiedades do nanocompósito en relación ao compoñente puro.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.