Narcotráfico
tráfico ilegal de drogas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O narcotráfico é unha actividade ilegal e globalizada que radica no cultivo, fabricación, distribución, venda, control de mercados, consumo e reciclaxe de utilidades inherentes á droga de procedencia ilegal. Non obstante, dito concepto de ilegalidade pode variar dependendo da normativa dalgúns países ou organizacións internacionais, que poden determinar de maneira estrita a prohibición da produción, transporte, venda e consumo dalgúns estupefacientes ou de igual modo poden permitila.
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
O narcotráfico opera de maneira similar a outros mercados subterráneos. Varios cárteles de drogas especialízanse en procesos separados ao largo da cadea de subministración, a miúdo focalizados para maximizar a súa eficiencia. Dependendo da rendibilidade de cada parte do proceso, os cárteles varían en tamaño, consistencia e organización. A cadea vai dende os traficantes da rúa de baixo rango, os cales ás veces son consumidores de drogas eles mesmos, tamén chamados "camellos", ós xefes dos cárteles que controlan e dominan a produción e distribución. Estes son os que, xunto ós intermediarios financeiros que lles axudan a "potabilizar o diñeiro conseguido" ou "lavar os activos de procedencia ilegal", dominan o baixo mundo das drogas.
Os imperios multinacionais do narcotráfico loitan polo control do mercado global e a obtención de beneficios económicos que garantan a estabilidade das súas organizacións, valéndose para isto de: subornos a persoal xudicial ou de pequenas entidades privadas de seguridade, contratación de pequenas unidades distribuidoras, contratación de bandas criminais ou suxeitos armados (sicarios) que manipulen o mercado a pequena escala e realicen varias actividades a prol das organizacións (homicidio de líderes políticos, entre outros), se encarguen da seguridade dos cultivos e puntos de distribución do material ilícito.
Os imperios multinacionais do narcotráfico desenvolven consecuencias problemáticas para a sociedade, principalmente asociadas ós fenómenos de corrupción das estruturas políticas e xudiciais das nacións, control dos medios de comunicación, lavado de activos, violencia, terrorismo e drogadicción.