Naturismo
práctica da nudez en común / From Wikipedia, the free encyclopedia
O naturismo ou nudismo comprende as prácticas caracterizadas pola nudez en común co obxectivo de favorecer o respecto por un mesmo, polos demais e polo contorno. A nudez, sen intencionalidade sexual, non é máis que un dos compoñentes do naturismo, xa que priman a dimensión social, de respecto polos demais, de tolerancia e de convivencia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Con anterioridade, esta palabra ten tamén designado:
- unha doutrina de Hipócrates,
- no século XVIII, o culto da natureza.
- a finais do século XIX, a teoría estética que pretendía unha fidelidade absoluta á realidade e que hoxe se denomina naturalismo.