Nosferatu
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nosferatu, eine Symphonie des Grauens, ou simplemente Nosferatu é un filme clásico do expresionismo alemán dirixido por F. W. Murnau e protagonizado por Max Schreck como o vampiro Conde Orlok. O filme, rodado en 1921 e estreado en 1922, foi unha adaptación non autorizada do Drácula de Bram Stoker, cos nomes e outros detalles cambiados porque o estudio non puido obter os dereitos da novela (o termo "vampiro" trocouse por "nosferatu" e "Conde Drácula" por "Conde Orlok").
Datos rápidos Nosferatu, Ficha técnica ...
Nosferatu | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nosferatu, eine Symphonie des Grauens |
Director | F. W. Murnau |
Produtor | Enrico Dieckmann Albin Grau |
Guión | Henrik Galeen |
Baseado en | Drácula de Bram Stoker |
Intérpretes | Max Schreck Gustav von Wangenheim Greta Schröder Alexander Granach Ruth Landshoff Wolfgang Heinz |
Música | Hans Erdmann |
Fotografía | Fritz Arno Wagner Günther Krampf |
Distribuidora | Film Arts Guild |
Estrea | 1922 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | República de Weimar |
Xénero | Terror |
Na rede | |
Pechar