Noz (froito)
froito seco / From Wikipedia, the free encyclopedia
En botánica, unha noz considérase un froito seco indehiscente (que non abre ao madurar), monospermo (composto por unha única semente) e cun pericarpo duro. A maioría derivan de pistilos con ovario ínfero (situado por baixo do receptáculo floral) cuxa parede está endurecida.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Noz.
Atópanse exemplos de noces na orde das Fagales, por exemplo:
Contrariamente ao que poida parecer, o froito da nogueira non se considera botanicamente unha noz, senón unha drupa xa que só ten endurecido o endocarpio e o seu mesocarpio é carnoso.