From Wikipedia, the free encyclopedia
Nutrición é o proceso biolóxico a través do cal os organismos asimilan alimentos ou nutrientes para a realización das súas funcións e actividades vitais, tales como o crecemento, movemento, reprodución etc. Existen dous tipos de nutrición, a nutrición autótrofa cando os seres son capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu metabolismo a partir de substancias inorgánicas e a nutrición heterótrofa cando os seres se alimentan coas substancias orgánicas sintetizadas por outros organismos, ben autótrofos ou heterótrofos. Entre os organismos hetrótrofos están as bacterias e os animais.
A nutrición pode ser feita por vía oral, ou sexa, pola maneira natural do proceso de alimentación, ou dun modo especial. No modo especial temos a nutrición enteral e a nutrición parenteral. A primeira ocorre cando o alimento colócase directamente nunha área do tubo dixestivo (xeralmente o estómago ou o xexuno) a través de sondas que poden entrar polo nariz ou boca ou por un orificio feito por cirurxía directamente no abdome do paciente. A nutrición parenteral é a que se fai cando o paciente se alimenta con preparados para administración directamente na vea, sen pasar polo tubo dixestivo.
No dominio da saúde e medicina (e tamén veterinaria), a nutrición humana é o estudo das relacións entre os alimentos inxeridos e a doenza ou o benestar do home ou dos animais.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nutrición |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.