O último samurai
Filme de 2003 dirixido por Edward Zwick / From Wikipedia, the free encyclopedia
O último samurai (en inglés: The Last Samurai) é un filme americano dirixido e co-producido por Edward Zwick, quen tamén co-escribiu o guión baseado na historia de John Logan. Está protagonizado por Tom Cruise (tamén é produtor) no papel do soldado americano Nathan Algren, cuxos conflitos persoais e emocionais o porán en contacto cos guerreiros samurai durante a Restauración Meiji do Xapón entre 1876 e 1877. Tamén interveñen no filme os actores Ken Watanabe, Shin Koyamada, Tony Goldwyn, Hiroyuki Sanada, Timothy Spall, e Billy Connolly. O argumento do filme está inspirado na Rebelión Satsuma de 1877 levada a cabo por Saigō Takamori, nas historias de Jules Brunet, un capitán da armada francesa que loitou a carón de Takeaki Enomoto na anterior Guerra Boshin e en Frederick Townsend Ward, un mercenario estadounidense que axudou a occidentalizar o exército chinés mediante a formación da Ever Victorious Army.
O último samurai | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Last Samurai |
Director | Edward Zwick |
Produtor | Edward Zwick Marshall Herskovitz Tatiana Le-bour Paula Wagner Scott Kroopf Tom Engelman |
Guión | John Logan Edward Zwick Marshall Herskovitz |
Intérpretes | Tom Cruise Ken Watanabe Shin Koyamada Billy Connolly Tony Goldwyn Timothy Spall Koyuki Masato Harada Togo Igawa William Atherton Seizo Fukumoto Scott Wilson Shun Sugata Hiroyuki Sanada |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | John Toll |
Montaxe | Victor Du Bois Steven Rosenblum |
Estudio | Radar Pictures Bedford Falls Company Cruise/Wagner |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 5 de decembro de 2003 30 de xaneiro de 2008 (TVG) |
Duración | 154 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, Épico |
Orzamento | $140 000 000[1] |
Recadación | $456 758 981 |
Na rede | |
http://www.lastsamurai.com | |
|
Estreouse en galego na TVG o 30 de xaneiro de 2008.[2]