O Alto do Castiñeiro, Narón, Narón
barrio do concello de Narón / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Alto do Castiñeiro é un barrio de Narón no concello coruñés de Narón. Está situado no sur do concello e limita ao norte co barrio de Piñeiros, ao sur co da Gándara, ao leste co do Couto, e ao oeste co concello de Ferrol e o barrio da Solaina.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Alto.
Datos rápidos Parroquia, Concello ...
O Alto do Castiñeiro | |
---|---|
Casa do Concello | |
Parroquia | Narón |
Concello | Narón |
Coordenadas | 43°29′57″N 8°11′40″O |
Poboación | 5.589 hab. (2007) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de San Xosé Obreiro. A parroquia naceu nos anos sesenta logo da segregación da parroquia matriz que era a do Couto. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.