O Cid, a lenda
filme de 2003 dirixido por José Ángel Pozo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cid, a lenda (en castelán: El Cid: La leyenda) é un filme español de animación dirixido por José Pozo, que se estreou no 2003. Baséase na historia lendaria de Rodrigo Díaz de Vivar, tamén coñecido como O Cid.
Datos rápidos O Cid, a lenda, Ficha técnica ...
O Cid, a lenda | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El Cid: La leyenda |
Director | José Pozo |
Produtor | Julio Fernández |
Guión | José Pozo |
Intérpretes | Manel Fuentes Sancho Gracia Carlos Latre Loles León Natalia Verbeke Miguel Ángel Rodríguez |
Música | Óscar Araujo |
Fotografía | Adrià García Víctor Maldonado |
Montaxe | Félix Bueno |
Distribuidora | Filmax Animation |
Estrea | 19 de decembro de 2003 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Pechar
Contou coa participación de profesionais da factoría Bren Entertainment, sita en Santiago de Compostela, nun labor centrado na animación 3D. Foi editado en DVD con son en galego.