O Pereiro, Alfoz
parroquia civil do concello de Alfoz / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María do Pereiro é unha parroquia do concello de Alfoz. É a parroquia máis extensa do concello, e abrangue preto dun terzo da superficie de Alfoz. Segundo o IGE en 2014 tiña 143 habitantes (73 homes e 70 mulleres), mentres que en 2004 tiña 188 habitantes, cunha densidade de 8 hab./km². Ten 29 entidades de poboación.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Pereiro.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
O Pereiro | |
---|---|
Fervenza do Escouridal | |
Concello | Alfoz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°29′00″N 7°27′00″O |
Área | 23,4 km² |
Poboación | 116 hab. (2014) |
Densidade | 4,96 hab./km² |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Ten unha superficie de 23,4 km². Limita ao norte coa freguesía de Frexulfe (do concello do Valadouro), ao sur con Labrada (concello de Abadín), ao leste con Lagoa e As Oiras (concello de Alfoz), e ao oeste co Cadramón (no concello do Valadouro).