O coloso negro
novela de Robert E. Howard / From Wikipedia, the free encyclopedia
O coloso negro (titulado orixinalmente en inglés Black Colossus) é un dos primeiros relatos protagonizados pola personaxe ficticia de espada e bruxaría Conan o bárbaro. Foi escrito por Robert E. Howard e publicado por primeira vez na revista pulp Weird Tales en 1933. O relato está ambientado na mítica Era Hiboria e narra a historia de Conan liderando o exército desmoralizado de Khoraja contra un malvado feiticeiro chamado Natohk.
Datos rápidos O coloso negro, Título orixinal ...
O coloso negro | |
---|---|
Título orixinal | Black Colossus |
Autor/a | Robert E. Howard |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | Conan o bárbaro |
Tema(s) | Fantasía |
Xénero(s) | Conto |
Editorial | Rural Publishing Corporation Urco Editora |
Data de pub. | xullo de 1933 2011 |
Formato | Tapas duras e brandas |
ISBN | ISBN 978-84-938558-3-3 |
Tradución | Tomás González Ahola |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2011.[1]