O fouciño de ouro
libro da serie de banda deseñada de Astérix / From Wikipedia, the free encyclopedia
O fouciño de ouro[1] (en francés: La Serpe d'or) é o segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración).[2] Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 42–74 en 1960,[3] e foi publicado como libro en 1962.
O fouciño de ouro | |
---|---|
Título orixinal | La Serpe d'or |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Mas-Ivars |
Data de pub. | 1962 1978 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 46 |
ISBN | ISBN 84-85146-68-9 |
Precedido por | Astérix o galo |
Seguido por | Astérix e os godos |
Tradución | Eduardo Blanco Amor (1978) Antonio Pichel (1998) Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (2010) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1978 baixo o título Astérix e a fouce de ouro.[4] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[5] En 1998 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo e baixo o título O fouciño de ouro.[1] No ano 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat con ese mesmo título.[6][7]