O pensador
escultura de Auguste Rodin / From Wikipedia, the free encyclopedia
O pensador (en francés: Le Penseur) é unha das esculturas máis famosas de Auguste Rodin. O escultor concibiu esta peza entre 1881 e 1882 para decorar o tímpano do conxunto escultórico A Porta do Inferno, encargado en 1880 polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes de Francia. Isto serviría como entrada do Museo de Artes Decorativas de París, aínda que o proxecto non se concluíu.