O Primo Basílio
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primo Basílio é unha novela de Eça de Queirós. Publicado en 1878, constituíu unha análise da familia burguesa urbana no século XIX.
O Primo Basílio | |
---|---|
Autor/a | José Maria Eça de Queirós |
Orixe | Portugal |
Lingua | lingua portuguesa |
Data de pub. | 1878 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
O autor, que xa criticara a vida dos pequenos pobos en O Crime do Padre Amaro, vólvese agora para a cidade, a fin de sondar e analizar os mesmos males, desta volta na capital: con ese obxectivo, enfoca un lar burgués aparentemente feliz e perfecto, mais con bases falsas e igualmente podres. A creación desas personaxes denuncia e acentúa o compromiso de O Primo Basílio co seu tempo: a obra debe funcionar como arma de combate social. A burguesía - principal consumidora das novelas romances nesa época - debería verse na novela e nela atopar os seus defectos analizados obxectivamente, para, así, poder mudar o seu comportamento.
As personaxes de O Primo Basílio poden ser consideradas o prototipo da futilidade, da ociosidade daquela sociedade.