Soño dunha noite de San Xoán
comedia de William Shakespeare / From Wikipedia, the free encyclopedia
Soño dunha noite de San Xoán[1] (en inglés: A Midsummer Night's Dream) ou Un soño de verán[2] é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare. Trátase dunha comedia que xoga coa temática do amor e as súas complicacións, intercalando personaxes mitolóxicos e humanos nun mundo fantástico. Está ambientada en Atenas, e consta de varias subtramas que xiran en torno ao matrimonio de Teseo e Hipólita. Unha subtrama implica un conflito entre catro amantes atenienses. Outra segue a un grupo de seis actores afeccionados que ensaian a obra que van representar antes da voda. Ambos os grupos atópanse nun bosque habitado por fadas que manipulan os humanos e se dedican á súa propia intriga doméstica. A obra salienta por conter elementos de maxia, como a intervención de fadas e seres similares a trasnos, e desenvólvese en gran parte nunha foresta. O seu ton humorístico e as súas intricadas relacións amorosas fixérona unha das pezas máis populares e representadas de Shakespeare.[3][4][5][6]
Soño dunha noite de San Xoán | |
---|---|
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Reino de Gran Bretaña |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | Comedia |
Data de pub. | 1600 |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme)