O tesouro de Rackham o Roxo
volume de banda deseñada das aventuras de Tintín / From Wikipedia, the free encyclopedia
O tesouro de Rackham o Roxo (francés: Le Trésor de Rackham le Rouge) é o duodécimo álbum de banda deseñada publicado en 1945, pertencente á serie As aventuras de Tintín do autor belga Hergé. É a segunda parte, e última, dunha serie iniciada con O segredo do alicornio. A historia serializouse a diario en Le Soir, o principal diario francófono de Bélxica, de febreiro a setembro de 1943 no medio da ocupación alemá de Bélxica durante a segunda guerra mundial. A historia conta como o mozo reporteiro Tintín e ao seu amigo o capitán Haddock organizan unha expedición ao Caribe para localizar o tesouro do pirata Rackham o Roxo.
O tesouro de Rackham o Roxo | |
---|---|
Título orixinal | Le Trésor de Rackham le Rouge |
Autor/a | Hergé |
Orixe | Bélxica |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Seriado, do 19 de febreiro ao 23 de setembro de 1943 |
Formato | Seriado en Le Soir, posteriormente compilado en álbum |
Páxinas | 62 |
ISBN | ISBN 84-261-2019-9 |
Precedido por | O segredo do alicornio |
Seguido por | As 7 bolas de cristal |
Editor | Editorial Juventud |
Tradución | Valentín Arias López |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira edición en galego foi en 1984 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.
O tesouro de Rackham o roxo foi un éxito comercial e publicouse en forma de libro por Casterman o ano seguinte á súa conclusión. Hergé continuou As aventuras de Tintín con As sete bolas de cristal, mentres que a serie pasou a ser unha parte definidora da tradición do cómic franco-belga. O tesouro de Rackham o roxo citouse como unha das entregas máis importantes da serie por marcar a primeira aparición do excéntrico científico Tornasol, que despois se converteu nun personaxe fundamental. A historia adaptouse para as series de animación de 1957 Belvision, As aventuras de Tintín de Hergé e para a serie animada de 1991 As aventuras de Tintín de Ellipse e Nelvana, así como para a longametraxe The Adventures of Tintin (filme) (2011).