Obchod na korze
filme de 1965 dirixido por Ján Kadár e Elmar Klos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Obchod na korze é un filme checoslovaco[2] de 1965 dirixido por Ján Kadár e Elmar Klos. O filme trata sobre o programa de arianización durante a segunda guerra mundial na República Eslovaca.[3] Foi financiado polas autoridades centrais checoslovacas (ó igual que tódolos filmes baixo o goberno comunista), producido nos estudios Barrandov de Praga, e a rodaxe realizouse cun elenco eslovaco nas localidades de Sabinov. Está protagonizado por Jozef Kroner como o carpinteiro Tóno Brtko e a actriz polaca Ida Kamińska como a viúva xudía Rozália Lautmannová.[4]
Obchod na korze | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Obchod na korze |
Director | Ján Kadár Elmar Klos |
Guión | Ladislav Grosman Ján Kadár Elmar Klos |
Baseado en | Novela de Ladislav Grosman |
Intérpretes | Ida Kamińska Jozef Kroner Hana Slivková Martin Hollý, Sr. František Zvarík Martin Gregor |
Música | Zdeněk Liška |
Fotografía | Vladimír Novotný |
Montaxe | Diana Heringová Jaromír Janáček |
Estudio | Barrandov Studios |
Estrea | 8 de outubro de 1965 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Checoslovaquia |
Xénero | Drama |
Recadación | 1 450 000 (USA/Canadá)[1] |
Na rede | |
O filme gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios,[5] e Kamińska foi nomeada un ano despois ó Óscar á mellor actriz.[6] O filme tamén participou no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1965.[7]