Odonatos
orde de insectos carnívoros que comprende as libélulas e os cabalos do demo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os odonatos[3] (Odonata) son unha orde de insectos carnívoros, que comprende as libélulas e os cabalos do demo. Os Odonata forman un clado, que existe desde o Triásico. Nesta orde describíronse unhas 5 900 especies.[4]
Máis información Clasificación científica, Subordes ...
Odonata Rango fósil: Permiano temperán-Actual[1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hemicordulia tau | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||
e ver texto |
Pechar
Xeralmente na fala común úsanse os termos libélula e cabalo do demo indistintamente[5][6]. O tradicional en textos científicos[7] é distinguir as libélulas (os tradicionais anisópteros), que son xeralmente máis grandes e pousan coas súas ás estendidas cara aos lados, dos cabaliños do demo (os tradicionais cigópteros), que teñen corpos máis delgados e cando pousan colocan as ás sobre o seu corpo.