Onda curta
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Onda Curta, tamén coñecida como SW (do inglés shortwave) ou HF (high frequency) é unha banda de radiofrecuencias comprendidas entre os 2300 e os 29999 kHz na que transmiten (entre outras) as emisoras de radio internacionais para transmitir a súa programación ao mundo e as estacións de radioaficionados.[1] Nestas frecuencias as ondas electromagnéticas, que se propagan en liña recta, rebotan a distintas alturas (canto máis alta a frecuencia a maior altura) da ionosfera o que permite que os sinais alcancen puntos afastados e ata dean a volta ao Planeta.
Bandas |
MF
|
HF
|
VHF
|
UHF
|