Onda electromagnética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A onda electromagnética é un modelo utilizado para representar a radiación electromagnética.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Onda.
Convén distinguir ben a radiación electromagnética, que é o fenómeno estudado, e a onda electromagnética, que é unha das representacións do fenómeno. Outra representación ten en conta a existencia do fotón.
Son exemplos de ondas electromagnéticas as ondas de radio, as microondas, a radiación de calor, os raios X, a radiación gamma e a luz. Esta última, a onda luminosa, é unha onda electromagnética na que a lonxitude de onda corresponde ao espectro visíbel, comprendido entre as lonxitudes de onda de 400 e 750 nm[1], correspondentes ás enerxías de fotón de 1,5 a 3 eV.