OpenGL
From Wikipedia, the free encyclopedia
OpenGL é unha especificación estándar que define unha API multilinguaxe e multiplataforma para escribir aplicacións que produzan gráficos 2D e 3D. Foi desenvolvida por Silicon Graphics Inc. (SGI) en 1992[1]. O seu nome vén do inglés Open Graphics Library, cuxa tradución é biblioteca de gráficos aberta (ou mellor, libre, tendo en conta a súa política de licenzas [2]).
Datos rápidos Desenvolvedor(es), Última versión ...
OpenGl | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Silicon Graphics Inc. |
Última versión | 2.1 (2 de agosto do 2006) |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Tipo | API |
Licenza | Diversas |
Sitio web | www.opengl.org |
Pechar
OpenGL emprégase en campos como CAD, realidade virtual, representación científica e de información, simulación de voo ou desenvolvemento de videoxogos, no que o seu principal competidor é Direct3D de Microsoft Windows.