A Operación Uvas da Ira (en lingua hebrea: מבצע ענבי זעם) é o nome dado polas Forzas de Defensa Israelís a unha ofensiva militar de dezaseis días contra o Líbano en 1996, nun intento de rematar cos bombardeos de Hesbulá sobre o norte de Israel. Hesbulá chamouna April War. Israel levou a cabo máis de 1.100 ataques aéreos e un bombardeo intensivo (unhas 25.132 bombas). Unha instalación da ONU foi tamén alcanzada polos bombardeos israelís causando a morte de 118 civís libaneses. Hesbulá fixo en total 639 ataques con foguetes a obxectivos do norte de Israel, particularmente ao pobo de Kiryat Shemona. As forzas de Hesbulá tamén participaron en numerosos enfrontamentos con forzas israelís e do Exército do Líbano do Sur. O conflito rematou o 27 de abril por un acordo de cesamento do fogo que prohibiu os ataques a civís.
Máis información Data, Lugar ...
Operación Uvas da Ira |
Parte de Conflito de Líbano do Sur (1982-2000) |
|
Belixerantes |
Israel Exército do Líbano do Sur |
Hisbulá |
Baixas |
3 mortos. |
14 mortos. |
|
Pechar