grande asentamento defendido da Idade do Ferro From Wikipedia, the free encyclopedia
Un oppidum (en plural oppida) é un termo xenérico en latín que designa un lugar elevado, un outeiro ou meseta, cuxas defensas naturais se viron reforzadas pola intervención do home. Os oppida establecíanse, xeralmente, para o dominio de terras aptas para o cultivo ou como refuxio fortificado que podía ter partes habitables.
Os oppida son coñecidos grazas ás descricións feitas por Xulio César en De Belo Gallico. Os seus muros son de terra e pedras, reforzados cunhas travesas de madeira unidas perpendicularmente por unhas longas caravillas de ferro (20 a 30 cm). Este tipo de muro característico dos oppida galos denomínase murus gallicus.
O nome de oppidum utilízase, xenericamente, para designar lugares de diferente amplitude, que poden ir dende unha ou dúas até varias centenas de hectáreas: o recinto do oppidum de Manching, próximo a Ingolstadt en Baviera (Alemaña) abarca até 350 hectáreas. Os lugares coñecidos con este nome puideron ser utilizados desde principios da primeira Idade de Ferro até o século I.
No continente e, particularmente, na Galia, algúns oppida poden ser considerados como as primeiras formas de "aldeas" ou como centros "proto-urbanos" da Europa bárbara, dando lugar á denominación de civilización dos oppida, para designar a realidade socio-económica que predominaba antes da guerra das Galias. As dificultades para coñecer a súa función son varias: en primeiro lugar non se coñecen as infraestruturas de todos os oppida existentes, só a daqueles que a arqueoloxía nos permite entrever. Por outra banda, a opinión dos arqueólogos tamén é diverxente en canto á importancia exacta que eses lugares puideron ter durante a civilización céltica e, particularmente, na civilización gala que precedeu á conquista romana.
Como o demostran os documentos acerca dos lugares de Manching acerca dos oppida que se achan sobre un monte de Luxemburgo (Tielberg), ou en Bibracte (no monte Beuvray de Francia) sábese que os oppida máis importantes, repartidos regularmente e en gran número, foron construídos, o máis tarde, a partir do século II antes da era cristiá.
A organización dalgúns oppida durante o período final de La Téne puido aproximarse, en certa medida, ao modelo das cidades arcaicas do mundo clásico. Parece que, na súa orixe, o desenvolvemento particular dalgún destes lugares puido estar ligado á existencia dun lugar de culto importante (Entremont, no norte de Aix-en-Provence) ou a Alesia dos mandubios.
Existen moitas formas de murallas oppida, pero predominan dúas grandes categorías: os ?espolones pechados? e as murallas ou recintos pechados.
Os esporóns pechados poden ser de diferentes tipos:
Os foxos (por exemplo Mont Beuvray, ou Bibracte, do tempo de Xulio César), non teñen formas diferentes. Unha muralla rodea a aldea, situada sobre un monte ou un outeiro, a construción da mesma non ten en conta a topografía do terreo (por exemplo Donneberg).
Pódese deducir, por tanto, que os oppida teñen dous grandes tipos de murallas. O que distingue os oppida de La Téne Final daqueloutros que datan dun ou dous séculos anteriores é que as murallas son perpendiculares ás curvas do terreo e que aparecen os fosos. O obxectivo non é crear un espazo militar, senón un espazo urbano.
(en francés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oppidum |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.