Oráculo grego
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un oráculo (do latín Oraculum, derivado de ōrāre "falar") foi a palabra usada na época clásica para designar as revelacións dos deuses aos homes e o lugar onde estas revelacións eran feitas, e ademais a persoa que podía facer as predicións. De acordo coa mitoloxía grega, un oráculo é unha mensaxe divina transmitida e interpretada por un santuario. As deidades non aparecían persoalmente senón que se comunicaban a través dunha especie de médiums que eran diferentes segundo os lugares. O termo oráculo, xa que logo, aplicouse despois ao transmisor das predicións divinas.
Comparativamente Zeus, como pai do todos os seus, tiña poucos oráculos, pero segundo a crenza popular era a fonte de todos os oráculos, por medio doutros deuses como Apolo, ou de heroes divinizados.
A súa existencia hai que considerala como parte da necesidade dos homes de saber que lles ofrece o futuro e para facer as cousas conforme aos desexos dos deuses; os oráculos eran polo tanto unha revelación pero á vez unha sanción ou autorización da deidade a un feito concreto.
Os oráculos máis coñecidos eran os de Delfos, enviados pola pitonisa e interpretados polos sacerdotes de Apolo e o Oráculo de Dodona. Os oráculos relevantes foron: