Orbital atómico
From Wikipedia, the free encyclopedia
No modelo atómico xurdido trala aplicación da mecánica cuántica ao átomo de Bohr, e en xeral en química, denomínase orbital atómico a cada un dos estados estacionarios da función de onda dun electrón nun átomo (funcións propias do Hamiltoniano (H) na ecuación de Schrödinger HΨ = EΨ ; Ψ a función de onda). Non representan a posición concreta dun electrón no espazo, que non poden coñecerse dada a súa natureza mecanocuántica, senón que presentan unha rexión do espazo en torno ao núcleo atómico na que a probabilidade de atopar ao electrón é elevada (polo que en ocasións ao orbital se lle chama rexión espazo enerxética de manifestación probabilística electrónica ou REEMPE).
O nome dos orbitais deriva das súas liñas espectroscópicas (en inglés, s sharp, p principal, d diffuse e f fundamental, o resto das nomes seguen a orde alfabético: g, h, i...).