Organización Republicana Gallega Autónoma
partido político galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) foi un partido político galego, de carácter republicano e autonomista que se fundou no outono de 1929 na Coruña coa participación das Irmandades da Fala locais e o Casino Republicano dirixido por Santiago Casares Quiroga, quen se converteu no seu principal dirixente a pesar de seren maioritarios os galeguistas nun primeiro momento, o que explica que no seu primeiro manifesto a ORGA reclamara unha república federal e que cando o sector galeguista quedou en minoría a ORGA defenda o autonomismo, inda que mornamente.
Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Santiago Casares Quiroga |
Historia | |
Fundación | 1929 |
Disolución | 1934 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Republicanismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados (1931) | 16 / 470 |
Pechar