Organización Sionista Mundial
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Sionista Mundial (en hebreo: ההסתדרות הציונית העולמית) foi creada o 3 de setembro de 1897 durante o primeiro Congreso Sionista Mundial que tivo lugar en Basilea (Suíza). Esta organización, que se denominou inicialmente Organización Sionista, serviu como paraugas organizativo para o movemento sionista. En 1960 a organización adoptou o nome de «Organización Sionista Mundial». A sede da organización atópase en Xerusalén.
Theodor Herzl, pai do sionismo e organizador daquel congreso de Basilea, escribiu máis tarde: "En Basilea eu fundei o Estado xudeu... quizais en cinco anos, ou quizais en cincuenta, todo o mundo o verá". Cando cincuenta e un anos despois, o 14 de maio de 1948, declarouse o Estado de Israel, unha gran parte das novas institucións administrativas estaban xa postas en marcha, grazas aos congresos que tiveran lugar de forma regular nas décadas anteriores.