Organización internacional
asociación conformada por suxeitos de Dereito Internacional Público / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un organismo internacional ou organización intergobernamental (OIG)[1] é aquel que ten como membros Estados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termo organización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de natureza pública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termos organismo internacional gobernamental ou organismo internacional público.