Premios Óscar
premio concedido pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar,[1] son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS),[2] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.[3]
Premios Óscar | |
---|---|
Tipo | grupo de premios |
Data de fundación | 1929 |
Sede | Hollywood |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.oscars.org/ e https://www.oscars.org/oscars | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.